Thursday 16 de May de 2024

Á venda as entradas para a gala solidaria conPalestina ‘Cultura contra a barbarie’


O evento terá lugar o 13 de marzo no Teatro Rosalía e contará coaparticipación de Fillas de Cassandra, Xosé A. Touriñán, Dani García, XurxoFernandez, Sue Moreno, Alfredo Muíño, Sahar Shatat e Iván Prado

As entradas, xa dispoñibles en ataquilla.com, teñen un prezo único de 10euros, recadado para Gaza Stars Circus School

Xa están á venda as entradas para a gala ‘Cultura contra abarbarie’, un evento solidario co pobo palestino que terá lugar o vindeiro 13 de marzo, ás20.30 horas, no Teatro Rosalía de Castro. “As administracións locais non somos alleas árealidade global. Este Goberno municipal está comprometido coa defensa da paz e axustiza e de aí a nosa colaboración con este gran evento solidario co que esperamosachegar o noso gran de area para axudar na cooperación e axuda humanitaria”, sinalouGonzalo Castro, concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade e responsable daárea de Cultura.

As entradas, dispoñibles xa para a súa compra en liña a través da web ataquilla.com, teñenun prezo único de 10 euros. Todo o recadado irá destinado á Gaza Stars Circus School,unha entidade local coa que colabora Pallasos en Rebeldía e que traballa directamente connenos e nenas, proporcionándolles bens básicos como alimentos, medicinas e roupa.

O espectáculo estará presentado pola actriz Isabel Risco e contará coa participación deFillas de Cassandra, Xosé A. Touriñán, Dani García, Xurxo Fernandez, Sue Moreno, AlfredoMuíño, Sahar Shatat e Iván Prado. “É un pracer contar con tantos e tan importantes nomesdo panorama galego, mostra de que a cultura galega non só ten unha grande calidadeartística senón tamén humana” apuntou Castro. Estes elenco de artistas galegos súmaseasí a outras celebridades do mundo da música como Rozalén, Coque Malla ou IsmaelSerrano que xa expresaron o seu apoio á causa palestina, e que o público coruñés teráoportunidade de presenciar ao longo de 2024 na cidade.